Encántame discutir sobre cine pero ó mesmo tempo ódioo. Teño a sensación de ter aprendido moitas cousas agora que vou rematar a carreira (claro que a maioría non foron na clase). Diante de todo alégrome de ter superado prexuízos e ter a mente moito máis aberta á hora de ver unha película. E espero que tamén diante de calquera obra de arte. E intento non desprezar nada. Ou non. Creo que o que fago (ou o que me gustaría facer) é, cando non me gusta algo, preguntarme por que. Ó mellor non me gusta porque non o entendo. Como mínimo vou respetalo ata que consiga entender algo máis. Con iso non quero dicir que haxa que entendelo nun sentido concreto: as películas de David Lynch non se entenden así, e tentalo é o que fai que non che gusten. Aí está en parte o problema: cantas cousas das que non nos gustan nun principio e que temos visto nesta carreira (de Godard a Apichatpong) nos aburriron polo simple motivo de estar afeitos á narración rollo Hollywood que levamos papando toda a vida na tele, no cine e no ordenador? A maioría. Queremos darlle sentido a todo, que todo encaixe nunha causa-efecto. Podes obxectar varias cousas. Podes dicir que esa é a mellor maneira de contalas. Para min é discutible, porque ten unhas limitacións moi grandes, é moi difícil ir máis lonxe porque parece que estás obrigado a dar acción todo o tempo. Ás veces esas películas acaban sendo películas baleiras. De tanto como se enchen, o artificio vólvese contra elas. Dáme a sensación de que non hai nada detrás das esquinas, e que os personaxes non teñen nada detrás das frases que pronuncian. E teño visto tantas películas marabillosas en salas nas que a xente se ría ou protestaba que necesito darlle unha explicación. Se che aburre En la ciudad de Sylvia é porque non tes paciencia para sentarte e mirar como as cousas cotiáns se poden convertir en fascinantes se lles das outra maneira de mirar. Unha maneira de mirar, por certo, que sería impensable nesas narracións convencionais.
Se odio discutir sobre cine, e sobre arte, é porque ás veces perdo.
Eu non desprezo a quen é honesto, a quen tenta facer as cousas ben e fracasa. Nin sequera ó que se limita a tentar facer cartos. Pero hai que distinguir entre o que é cine, o que é literatura, o que é música e o que son produtos de consumo. Que non nos enganen. Que sexan disfrutables non implica que sexan arte. Os casos nos que todo coincide son menos cada vez.
Non sei, tampouco digo nada do outro mundo, pero dígoo porque creo que hai diferencia entre o que é realmente aburrido e o que nolo parece. A min darme conta diso fíxome disfrutar moito máis da arte e das cousas. Hai beleza en todas partes, e o cine convencional róubanola.
Un mounstro
domingo, 22 de abril de 2012
lunes, 19 de marzo de 2012
A invención de Hugo
Hai en Hugo Cabret unha serie de frases sobre o cine, que é o tema do filme. "Era como soñar de día", "É o único lugar onde os soños se fan realidade", "Aquí fabricanse os soños". Tamén se asocia unhas cantas veces o cine á maxia (claro, Mélies era mago). É dicir, remíte a lugares comúns, tópicos: a maxia do cinema, a fábrica de soños. Esta é unha primeira dimensión do discurso da película, que é a máis facil de asumir para o público. Imaxino que por iso se fai tan explícita. Ocupa un primeiro nivel emocional, pero o máximo interese da peli está no diálogo entre este e un trasfondo moito máis potente, que é a asociación do cine coa idea de perda.
Esa asociación é a que conecta a Hugo con Mélies. Hugo perdeu ó seu pai, e liga o seu recordo ó cine. Mélies non só perdeu a súa grandeza ou o seu recoñecemento: perdeu a súa obra, coa importancia que ten sempre para un artista. Non só é isto unha reivindicación do carácter artístico do cine. Esta trascendencia do cinema na vida lévase ó extremo, ata o punto de que o descubrimento das orixes de Mélies (e da historia do cine) é imprescindible
para chegar ó final feliz (chega a xogarse con outro lugar común, este algo torpe: "os finais felices só existen no cine".). Se se fala de Hugo Cabret como o filme máis persoal de Scorsese, é porque encaixa como a expresión da súa cinefilia. É unha mostra dun posible "cine de cinéfilos" (cal non o é?) no que o cine é crucial ata dentro da propia narración. Case sempre cunha noción de refuxio, como podía pasar para Antoine Doinel e como seguramente o foi para Scorsese, o propio Truffaut, Peter Bogdanovich ou Tarantino. E este discurso atopa o seu espazo nun filme comercial.
A perda dos personaxes é solucionada polo cine, que lle devolve a Mélies o recoñecemento e lle dá a Hugo un pai. O propio Mélies, o pai do cinema. Outra metáfora evidente. A dúbida está en se este discurso é efectivo. Dende logo, o cinéfilo pódese queixar de que relacionar o cinema cos soños sexa exprimir pouco a cabeza. Pero o certo é que eses dous tópicos do principio son as primeiras ideas que podemos asociar á fascinación co cinema como espectadores. E o feito de que os que experimentan iso sexan nenos devólvenos
ó primitivo (ou ó infantil: búscase a inocencia). Hai un intento de devolvernos esa fascinación, que primeiro é visual, a través do uso do 3D. O prólogo é unha inmersión nese universo, e Scorsese remarca iso cos planos secuencia que presentan os tuneis da estación por onde Hugo se move. É de agradecer que o 3D teña, desta vez, razón de ser, ó tratalo aquí como herdeiro das trucaxes de Mélies. É a nova maxia, o único posible tendo en conta que os espectadores estamos, en teoría, de volta e media e xa non somos impresionables. Hai que discernir se se procuraba crear un universo realista ou non. Para min, é verosímil pero non realista. É o universo duns nenos, esaxerado, distorsionado e preciosista.
Pero claro, no momento en que se toma partido por un filme (especialmente contra Paula) é normal esquecerse de falar dos seus erros, que así parece que un ten máis razón. Máis aló do discutible dalgunhas interpretacións ou dos elementos cómicos, están no traslado de todo este discurso sobre o cine á película. Ou non. A clave está en se cremos ou non na inocencia dos rapaces cando descobren o cine. Na distancia (ou, por contra, na empatía) que poida provocar no espectador entendido e no que non o é para nada. Eu estou con Scorsese. Conecto coa súa honestidade como cineasta e namorado do cinema. Que pode ser unha redundancia, porque facer cine e non amalo debería ser un absurdo. Pero, no momento en que o público se cansou de ir ás salas, esta peli é un intento loable de devolvernos a elas. Oxalá sirva para algo.

Patti
Víamonos como os fillos da liberdade coa misión de conservar, protexer e difundir o espírito revolucionario do rock and roll. Temíamos que a música que nos dera sustento estivera en perigo de desnutrirse espiritualmente. Temíamos que perdera a súa razón de ser, que caera en mans sobrealimentadas, que se revolcara nunha lameira de aparatosidade, consumo e vacua complexidade técnica. Teríamos presente a imaxe de Paul Revere recorrendo os camiños a cabalo exhortando á xente a espertar, a tomar as armas. Tamén nós tomaríamos as armas, as armas da nosa xeración, a guitarra eléctrica e o micrófono.
(Patti Smith, Just Kids)
Esperaba chegar a fundirme co rock and roll, cos ídolos ós que admiro, coa xente á que quero, coas miñas ideas, coa vontade de atopar unha voz, unha vía. En pasado é máis elegante.

viernes, 3 de febrero de 2012
Tampouco me deixa comentar no meu propio blog
É ofensivo para min, odio ás chicas tontas. Refírome a que todas esas sensacións que provoca o amor (ou o encaprichamento que pode confundirse, eses namoramentos de ir no tren ou pola calle que a veces van a máis) están aí. É unha coincidencia plena, extraordinaria. E se, como obra artística, busca expresar iso e o consegue con creces e mellor que ninguén, por que vai ser tonta? É A MÁIS LISTA DA CLASE! Quero dicir, podo admitirche que sexa tan tonta como eses namoramentos, pero nese caso é tonta voluntariamente: faise a tonta. Entón é super-lista.
Paula, non me deixaba comentarche así que poño aquí o que opino sobre "La science des rêves"
En resposta a http://agirlagun.blogspot.com/2012/02/la-science-des-reves-michel-gondry-2006.html
Para min son un 10 as dúas. O da rapaza guapa e parva sempre me pareceu un pouco ofensivo, como se o único que tivera que ofrecer La ciencia del sueño fora o envoltorio e non o que leva dentro! Eu prefiro esta (se é que hai que preferir algunha) porque me emociona máis. Por iso me molesta o da rapaza guapa, a min sempre me gustaron as rapazas guapas E INTERESANTES. Para min Stephane é iso que dis, un neno, pura inmadurez, e a película é exactamente iso. É a exaltación dos soños, da irracionalidade, das sensacións e dos sentimentos, por iso non che dá a que agarrarte para poder explicar o seu valor profundo e intelectual. Porque é marabillosamente primitiva (en todo o elaborada que está), é o instinto, o amor feito película. Por iso enche a cabeza de cousas que non teñen sentido, por iso é absurdo e incluso estúpido. Pero POR ISO MOLA TANTO, porque ninguén o fixo mellor (ou ninguen se atreveu a tomar esta vía, porque o amor en Eternal Sunshine é outra cousa, neste é ese namoramento do principio, esa emoción cando todo está no aire)

martes, 11 de octubre de 2011
martes, 30 de agosto de 2011
Resumín
o tempo que perdera
en espazo gastado inutilmente
penseino
naquela tenda de discos
que cheiraba a vómito
e non tiña música
unha semana despois
era eu quen espertaba
entre vómitos
pero non cheiraban tan mal
porque a comida
era boa
e feita con cariño
por miña nai
matamos o sentido común
e non nos xulgou ninguén
despois de todo
nunca conseguira entrar
no selecto grupo
dos cinco sentidos
e eu pensaba
se preferiría quedar cego
e non volver ver
ou quedar xordo
e non volver escoitar
e hai quen dirá que non paga a pena
nin unha cousa nin a outra
pero ese é dos que está
irritado
hai cousas duras de ver
e
por suposto
cousas duras de escoitar
pero o silencio
e o fundido a negro
eternos
son moito peores
supoño que prefiro
renunciar ó tacto
e parecervos un imbécil
ou renunciar ó gusto
e adicarme á serie B
ou
renunciar ó olfato
e ver Colombo a ver se se me pega algo
soñei que a miña familia camiñaba polo teito
e non polo tellado
e aquel soño estaba dirixido por Hitchcock
gustoume tanto como Vertigo
Suscribirse a:
Entradas (Atom)